Blogia
Andresadas

Machos, unha serie... Machista ?

Machos, unha serie... Machista ? Machos é unha das séries de mais éxito de toda Latinoamérica. Sete irmáns, e o patriarca Ángel que os domina ao seu gusto. Eles son, a família Mercader. En Chile, a audiencia enganchouse de maneira increibel durante oito meses no canal 13. Nesta série vivimos as aventuras destes irmáns, os amores, os desamores, os engaños que sofren, e demáis anécdotas que tolean aos espectadores. Debido á actitude e o temperamento do patriarca, teñen que comportarse como auténticos machos se queren ser aceptados por el.

Mais alá de ser unha producción televisiva exitosa, Machos marcou o regreso da Área Dramática de Canal 13. Verónica Saquel, traballadora do Canal 13, directora desta área, sempre confiou en que o traballo que se estaba a realizar nesta producción estaria cheo de triunfos; e non se enganou. A principal referéncia da série era o ámbito familiar e de amigos. Machos, ademais de lograr disparar os audímetros, tamén conseguiu obter un impacto social somamente forte.

Todo o mundo queria máis de Machos, e as empresas se deron conta de iso. Eventos, desfiles e mesmo publicidade foron parte da seguidiña de logros que conseguiron certos actores da história. Por iso, tentóuse expander o seu fenómeno ao resto do planeta. Tal foi o renome que atinxiu a teleserie, que a súa fama traspasou as fontreiras. En decembro de 2003, a história dos Mercader foi transmitida por TVE para toda España. A serie comezou tendo éxito pola novidade, pero ainda asi, durou pouco tempo en antena. A sua Banda Sonora, foi, se cadra, o que mais éxito tivo. Todos lembrámola: Macho, macho, macho...

Nunca tiven a oportunidade de ver esta série, pero o seu argumento semella insulso, e falto de sentido. Ten mais de telenovela que de série. O título dino todo: téñense que comportar como machos, o cal xa supón crerse superior á muller. O símbolo de home na O do título, outro símbolo representativo que a série pode significar. Considero que en case todas as séries, hai connotacións machistas, pero ainda asi, seguramente esta se leve a palma..

0 comentarios